Lanzamento de 22 Romances Inconclusos

A colección o Lapis do Taberneiro vén de lanzar a pasada terza feira o seu último número, “22 Romances Inconclusos” de Quico Cadaval, que xa se pode adquirir no Café Bar Trece ao popularísimo prezo de tres euros. Facendo honra do seu lema “relatos de taberna para ler na taberna”, a colección culmina así o longo proceso que implicou este número, xa que o autor, Quico Cadaval optou por escribir a súa primeira incursión consistente no campo da escrita nunha única xornada, en performance retransmitida pola rede desde a popular taberna de Santa Clara, en Santiago. A canle Grenlandia Ceibe presentou durante o lanzamento unha pequena reportaxe sobre a devandita xornada, xa disponíbel en You Tube.
Seguir lendo

Advertisements

22 Romances Inconclusos (V)

Quico Cadaval escribe ao vivo 22 Romances Inconclusos para a colección O Lapis do Taberneiro, de Edicións do Trece, editorial promovida polo Café Bar Trece para a difusión e goce da literatura tabernaria galega. Máis de quince horas escribindo en claro desafío warholiano. O resultado será dado ao prelo nos próximos días e publicado en poucas semanas. Segue a performance ao vivo

22 Romances Inconclusos (IV)

22 Romances Inconclusos (III)

22 Romances Inconclusos (II)

22 Romances Inconclusos en streaming

Quico Cadaval escribe ao vivo 22 Romances Inconclusos para a colección O Lapis do Taberneiro, de Edicións do Trece, editorial promovida polo Café Bar Trece para a difusión e goce da literatura tabernaria galega. Máis de quince horas escribindo en claro desafío warholiano. O resultado será dado ao prelo nos próximos días e publicado en poucas semanas

Os 22 Romances Inconclusos do Quico Cadaval

Un contador incontíbel

Un contador incontíbel

Regresa a colección máis tabernaria da literatura galega, tan entregada nos últimos dias a polémicas tabernarias e tabernáculas logo da demisión do Méndez Ferrín da capitanía da RAG Enterprise, e faino da man do Quico Cadaval, dramaturgo, contador e home de palabra rápida, quen non contento cos usos e costumes tradicionais do escritor tabernario, vaise enlear no proceloso mar da performance comprometéndose en esforzado obxectivo: escribir Vinte e Dous Romances Inconclusos en menos de dezaseis horas. O evento, tras ser adiado a semana pasada, terá lugar mañá día 27 de Febreiro no Café Bar Trece, promotor das Edicións do Trece que dan sustento e mantenta ao Lapis do Taberneiro, a devandita colección na que xa probaron caldos e racións literarias xentes tan dispares como Mingolo Alborés, Raquel Miragaia, Carlos Meixide, Marga Alborés, Sechu Sende, ou este mesmo paxaro que vos escribe e que pasa por ser editor de tan etílico enxeño. A cousa será retransmitida en streaming a través das redes sociais tratando de emular as xestas cinematográficas de Andy Warhol, capaz de entusiasmar aos públicos parisinos coa soneca dun tipo durante dez horas. O resultado, prometidamente inconcluso, será dado ao santo prelo en vindeiras semanas e presentado en breve no mesmo local dos nosos amores literarios e vitivinícolas. Que vos preste!