Lanzamento de 22 Romances Inconclusos


A colección o Lapis do Taberneiro vén de lanzar a pasada terza feira o seu último número, “22 Romances Inconclusos” de Quico Cadaval, que xa se pode adquirir no Café Bar Trece ao popularísimo prezo de tres euros. Facendo honra do seu lema “relatos de taberna para ler na taberna”, a colección culmina así o longo proceso que implicou este número, xa que o autor, Quico Cadaval optou por escribir a súa primeira incursión consistente no campo da escrita nunha única xornada, en performance retransmitida pola rede desde a popular taberna de Santa Clara, en Santiago. A canle Grenlandia Ceibe presentou durante o lanzamento unha pequena reportaxe sobre a devandita xornada, xa disponíbel en You Tube.
O lanzamento contou coa presenza do autor, quen presentou o acto xunto a Carlos Santiago, editor da colección. Homenaxeando o carácter performático do evento, o primeiro artista convidado, Luis Soto, do Taller Atlántico Contemporáneo, quen interpretou o Ideograma 25E de Berdullas del Río.

Logo da súa intervención, foi a quenda de Mónica de Nut, quen entusiasmou aos presentes cantando arias alemás entre, por riba e debaixo das mesas do Trece. Finalmente, Victor Mosqueira, armado en poeta barroco e escatolóxico, fixo as delicias do público cun poema sobre os sacros excrementos humanos que deu pé á intervención do propio autor.

Pódese ver unha excelente reportaxe gráfica realizada polo TAC na súa páxina no FB.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s