Cita en Finlandia

Ai Finlandia, o teu mar!

Ai Finlandia, o teu mar!

Váiseme cumprir un soño a vindeira semana coa estrea de Finlandia, un proxecto no que levo anos a cismar e que grazas ao Teatro Biodegradábel de Ohio, compañía teatral ilegal e imaxinaria, é xa unha realidade, con todas as prevencións que a tal palabra require. Vaia por diante o meu agradecemento e admiración a toda a xente que se apuntou a participar na aventura e que deu digno formato colectivo aos meus delirios escandinavos.

Dado o seu carácter biodegradábel, a peza será representada en dúas funcións únicas que terán lugar na Sala Nasa os días 19 e 20 de Maio, ficando o futuro aberto a calquera reincidencia non prevista. Finlandia é un cruzamento entre o teatro do absurdo e o simbolismo popular, e se cadra tamén un xeito de esclarecer os solpores xeados da nosa identidade, sexa iso o que for, que tampouco é cousa tan clara como a neve. En calquera caso, unha alegoría sobre Galiza e os desafíos que culturas indíxenas como a nosa deben afrontar na época global, ameazadas pola extinción e o sometemento a un mundo monolítico onde calquera diferenza é interpretada como potencial ameaza terrorista. Ben saben isto na Sala Nasa, ameazada nos últimos tempos por patéticos furacáns reaccionarios procedentes da estepa rusa.

Finlandia é un experimento de teatro civil producido e interpretado por un grupo de cidadáns, de variábel experiencia no palco, no que se quere reivindicar o teatro como ferramenta expresiva de toda a sociedade. Dúas mestras, dous xornalistas, un historiador, tres restauradores, un taberneiro, unha estudante, un actor, unha bibliotecaria, un deseñador gráfico, un técnico de luz, un educador social, un fotógrafo, varios pescadores, un escritor, e outras persoas de variados oficios, coa colaboración desinteresada de distintos colectivos, participan desta aventura inconformista e escandinava onde o único imposíbel é que a neve deixe de ser branca e comece a cheirar a chocolate.

O aforo é limitado mais as entradas xa se poden reservar a través da billeteira virtual da Nasa. Será unha honra partillar este soño convosco, así que alí agardamos por quen queira acompañarnos nesta fermosa aventura.

Advertisements

3 reflexións sobre “Cita en Finlandia

  1. saúde compañeiro, é un pracer terche aqui, saber de ti polas correntes do golfo e pola rosa dos ventos. Decatámonos das túas ousadas derrotas, esas que tatuan a mais querida carta mariña da espuma dos dias.
    Un abrazo enorme e esperandote que vingas e tomar unhas garimbas na santa compañia: a mafia do corazon.
    Apertas desde Ferrol

  2. Onte puiden ver o ensaio “particular”, dis que xeral o que se di xeral non foi realmente, e fico abraiado.

    Ambicioso o texto, que fai rir e pensar na risa mesma. Profesionais, no mellor sentido da palabra, os actores afeccionados. Coherente o conxunto na súa autenticidade urxente, autoorganizada e fora dos circuito. ¡Un logro!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s