Grøenlandia

a ironía sérvese fría

A Primavera de Carlos Meixide

O relato en Calameo

Preséntase este Xoves día 20 de Maio a última entrega da colección O Lapis do Taberneiro, desta volta asinada por Carlos Meixide baixo o florido título de “Primavera”. Despois de Trece Xogos de Mingolo Alborés e “O Décimo Terceiro Mês” de Raquel Miragaia, a colección presenta esta pequena xoia literaria na que o Meixide, co verbo áxil e brillante que o caracteriza, fai un retrato irónico e humorístico da clientela dunha taberna no primeiro día primaveral do novo Ano Xacobeo. As temperaturas en alza quecen peitos e cabezas e as primeiras raiolas da estación se mesturan con viños e gin tonics para provocar unha bebedeira colectiva de antoloxía.

O novo número, editado polo Café Bar Trece e Edizer SCP, será presentado, como é tradición, no Café Bar Trece, na Rúa de Santa Clara en Santiago, logo das 21h. e contará coa presenza do autor, comigo mesmo en calidade de editor tabernario, e dalgúns artistas convidados.

O relato está xa ao voso dispor en Calameo, a través do blog do Lapis do Taberneiro, onde podedes obter máis información e os enlaces aos números xa publicados. Simultáneamente será presentada a segunda edición do Acantinado, o primeiro número da colección asinado por min, esgotado no primeiro mes e con máis de nove mil lecturas na rede. Tanto esta segunda edición como o novo número de Carlos Meixide poderanse mercar a bo prezo no propio Café Bar Trece desde o día da presentación.

Maio 19, 2010 - Publicado por | Novas | , , , ,

1 comentario »

  1. Sei que podes discriminar que mexases fican no teu blog, por iso atrévome a enviarcho aquí porque non é amiña intención que fique, so chegar a ti. Achégome, sen te coñecer, do único xeito que atopo.
    Recibín o Rexistro de entrada: 269 con data de 7 de xullo de 2010, na recepción dos currículums para o casting do C.D.Ga. Chamei por tlf. e didxéronme que ti decidiches quen fai o casting. 64 Persoas convocadas para 6 papeis; poucas posibilidades tes de atopar aos mellores e, un minuto abonda para saber se interesa seguir vendo o traballo dunha persoa, ainda que nunca antes a viras traballar sobre un escenario. Pero… non vela? Non considero xusto o sistema de casting pecho. Ti si? Nin efectivo para atopar aos mellores. Rápido se esquecen os tempos pasados e as inxustas dificultades para atopar unha proba.

    Comentario por Xosé Eirín | Xullo 29, 2010 | Responder


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.