A Primavera de Carlos Meixide
Preséntase este Xoves día 20 de Maio a última entrega da colección O Lapis do Taberneiro, desta volta asinada por Carlos Meixide baixo o florido título de “Primavera”. Despois de Trece Xogos de Mingolo Alborés e “O Décimo Terceiro Mês” de Raquel Miragaia, a colección presenta esta pequena xoia literaria na que o Meixide, co verbo áxil e brillante que o caracteriza, fai un retrato irónico e humorístico da clientela dunha taberna no primeiro día primaveral do novo Ano Xacobeo. As temperaturas en alza quecen peitos e cabezas e as primeiras raiolas da estación se mesturan con viños e gin tonics para provocar unha bebedeira colectiva de antoloxía.
O novo número, editado polo Café Bar Trece e Edizer SCP, será presentado, como é tradición, no Café Bar Trece, na Rúa de Santa Clara en Santiago, logo das 21h. e contará coa presenza do autor, comigo mesmo en calidade de editor tabernario, e dalgúns artistas convidados.
O relato está xa ao voso dispor en Calameo, a través do blog do Lapis do Taberneiro, onde podedes obter máis información e os enlaces aos números xa publicados. Simultáneamente será presentada a segunda edición do Acantinado, o primeiro número da colección asinado por min, esgotado no primeiro mes e con máis de nove mil lecturas na rede. Tanto esta segunda edición como o novo número de Carlos Meixide poderanse mercar a bo prezo no propio Café Bar Trece desde o día da presentación.
Maio 19, 2010 Publicado por grenlandia | Novas | Café Bar 13, Carlos Meixide, Cultura, Literatura, Taberna | 1 comentario
Carlos Santiago
Escritor e artista galego-portugués. Partidario da independencia en todas as acepcións da palabra. Dramaturgo taciturno e irónico. Falabarato contratábel. Poetarra. Inimigo da lingua común e amigo das linguas extraordinarias, incluído o castrapo e o español internacional. Políticamente insurrecto. Grøenlandia é o seu caderno público e literario en copiceibe. Biopsia
-
No Horizonte
PiandoTeatro
Monólogos
Poemas
Narrativa
Pensamento
Frigorífico
- Xaneiro 2012 (1)
- Decembro 2011 (1)
- Maio 2010 (1)
- Abril 2010 (2)
- Marzo 2010 (1)
- Xaneiro 2010 (1)
- Setembro 2009 (1)
- Maio 2009 (2)
- Abril 2009 (5)
- Marzo 2009 (1)
- Xaneiro 2009 (2)
- Novembro 2008 (1)
- Outubro 2008 (2)
- Setembro 2008 (4)
Brétema
Acert Actualidade AGAL Anxo Ballesteros Atlántico Através Editora Autodeterminación Café Bar 13 Carlos Meixide Carlos Santiago Crise Cultura Demo Ecoloxía Editorial Danu Eleccións Escena Ferrol Filosofía Finlandia Galiza Globalización Grenlandia Guerra Fría Independencia Lariño Lingua Literatura Louro Metano Mingolo Alborés Nacionalismo Normalización Novas da Galiza Poesía Política Rock Satán Siberia Sloterdijk Taberna Teatro Trigo Limpo Vicente Risco Xenocidio GalegoLicenza

Grøenlandia de Carlos Santiago está licenciado baixo Creative Commons. Condicións adicionais en Copiceibe.Áncoras
Autófago
Átomos e Burbullas
Ave Azul
CCCP
Gzvideos- An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
Galpón de Breogán
Lándoas- An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
Made in Galiza
O Funambulista Coxo
O Voto con Botas
Portal Galego da Língua
Sei o que figestes
Si Home Si
Zero Vacas- An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
Blogomillo- An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
